miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández califica de “tremenda labazada” a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de non conceder a Santiago do novo xulgado do Social que tiña solicitado

Agustín Hernández califica de “tremenda labazada” a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de non conceder a Santiago do novo xulgado do Social que tiña solicitado
Foto de arquivo
Agustín Hernández califica de “tremenda labazada” a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de non conceder a Santiago do novo xulgado do Social que tiña solicitado

Trátase dunha decisión sen precedentes, que espera atope o total rexeitamento por parte de todos os Grupos da Corporación, incluso o de o Grupo do PSdG

O Grupo Municipal do Partido Popular manifesta o seu total rexeitamento á decisión tomada polo Goberno de Pedro Sánchez de non crear un novo xulgado do Social en Santiago. Trátase dunha decisión sen precedentes, que espera atope o total rexeitamento por parte de todos os Grupos da Corporación, incluso o dos que “comparten sintonía” co Goberno de Madrid, como é o Grupo do PSdG.

Por todo idto, o O Grupo Municipal Popular presentará hoxe unha moción urxente no Pleno ordinario despois de que esta mañá fora coñecedor desta nova

En relación a isto, o voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, manifestou que o equipo de Francisco Reyes debería facer algo máis que manifestar o seu rexeitamento, porque isto é unha “tremenda labazada á cidade” por parte do Executivo central.

Cabe sinalar que esta decisión é totalmente inesperada posto que, ata o de agora “nunca un Goberno de Madrid tiña rexeitado unha proposta da Xunta de Galicia, que conta co apoio de todos os sectores implicados”.

A proposta dun novo xulgado do Social para a capital de Galicia vén desde hai anos e suporía descargar de traballo que teñen aos tres que existen agora na cidade.

Os Populares esperan que a decisión poda ser revocada, posto que a solicitude dun novo xulgado non ven so do Goberno Galego, senón tamén do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Comentarios
Lo más