miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Francisco Javier Abeijón, toda unha vida dedicada ao Concello de Padrón

Francisco Javier Abeijón, toda unha vida dedicada ao Concello de Padrón
Francisco Javier Abeijón, toda unha vida dedicada ao Concello de Padrón

COMPOSTELA24HORAS.COM charla co que foi Inspector Xefe da Policía Local de Padrón

Francisco Javier Abeijón estame esperando para tomar un café no Centro Social de Padrón. Este expolicía naceu en Rois fai pouco máis de 60 anos. Por todos é coñecido. Acábase de xubiliar como Inspector Xefe da Policía Local de Padrón e charla con COMPOSTELA24HORAS.COM para facer un repaso da súa vida policial en Padrón.

Abeijón cóntame que se presentou ás primeiras oposicións libres que houbo para a Policía Local en Padrón. "Corría o ano 1985, había dúas prazas que quedaran vacantes por xubilacións e conseguímolas eu máis o meu compañeiro Calviño. Nesa época había moitos parados e de feito, antes á de Policía Local, presenteime a outras oposicións."

O policía ten un montón de anécdotas para contar que forman parte da súa vida laboral. Cun tono amable, entre sorbo e sorbo de café recorda o primeiro curso de policía o cal fora moi completo e do que, a partir del, comenzou a súa labor policial. "Neste curso presentáronnos un maletín con todo tipo de drogas. Era impresionante! Mentres explicaban, dícíannos que por favor, non tocáramos nada sen lavar as mans porque podíamonos colocar" recorda entre risas.

Unha vez que entrou na Policía, Abeijón asegura con rotundidade que se propuxo formarse todo o posible no tema policial. "Empecei a ler libros e a estudar e formarme todo o que puiden. Compañeiros policías de Santiago pasábanme libros e incluso, o xefe da Policía Local de A Coruña mandaba todos os folletos, todos os traballos, toda a información sobre a temática, a toda a policía de Galicia. Vaia traballo facía ese home!"

Preguntándolle polos cambios que aconteceron dende que el empezou ata o día de hoxe, relátame que cando empezaron eles patrullaban a pé e non tiñan arma. Se tiñan que acudir a algunha parroquia, ían no coche particular do xefe. E se era un problema de servizos, ían no coche de obras. Tamén acompañaban á Garda Civil de Padrón. "Aproximadamente aos 10 meses de servizo xa nos dotaron coche patrulla e de arma regulamentaria, momento no que xa empezamos a funcionar case coma unha policía". Estos cambios foron moi notables para eles. "Antes de ter coche, recordo as carreiras que boite con Calviño cando entraba un coche no casco urbano coas luces apagadas. Éramos novos!". 

Está orgulloso de retirarse sen pegar un solo tiro no servizo, solo desefundou a arma algunha que outra vez como prevención. Nesta conversa rememora o primeiro coche que tiveron: un Seat Ronda System Porsche, o que lle traslada no tempo ata outra anédocta. "Unha noite estabámos de patrulla e vimos entrar na zona da plaza de abastos un coche coas luces apagadas sobre as catro da mañá. Nos tamén apagamos as luces e metémonos no casco urbano. O outro coche non se decatou da nosa presenza ata dobrar unha esquina, que nos viron polo retrovisor e fuxiron dirección Santiago. Nos saímos detrás deles a todo meter! Os dous  íamos en persecución a máxima velocidade. Cando de repente, nun dobre carril adiántanos un autobús extranxeiro, como se fósemos bicicletas!" cóntame Abeijón mentres bota unha boa risada.

Mentres avanza o café, a conversa vólvese máis distendida. Abeijón sóltase a contar anécdotas do seu traballo. Ao preguntarlle pola acción máis peligrosa da que formou parte, lévame ata un atraco sufrido nunha sucursal en Padrón. "Chamaron da antiga CaixaGalicia que estaban atracando. Fumos correndo coa arma na mán pegada ao corpo e colocámonos nas dúas saídas que tiña a sucursal. Déronnos a descrición de que era un varón vestido cun polo azul e un pantalón claro, e levaba posta unha nariz de entroido. Resulta que cando fomos revisar as cámaras de seguridade, o atracador ía a cara descuberta e levaba un mono manchado de pintura. Hai que ver o que é o subidón de adrenalina que che dá cando te atracan!" rememora entre sorrisos.

Padrón é un concello tranquilo, pero hai catro citas anuais que son coñecidas por todos os padroneses e de fora do municipio. En canto a que festa é a que máis traballo dá para a Policía Local, teno claro: a Pascua. "Coincide moitísima xente e moitos actos que se solapan uns aos outros. Ademáis de todo esto, están os plans de seguridade nos que fas unha estimación axustada da xente que necesitas, pero nunca cadra co orzamento que ten a Corporación local, polo que se adxudican menos efectivos dos necesarios. Eu non vivía nin para os da casa nin para os de fóra. En cálculos personais, cada Pascua restoume 15 días de vida porque era moito traballo, moito estrés e moita tensión".

Despois de 33 anos de servizo dedicados ao Concello de Padrón como Policía Local, Francisco Javier Abeijón ten moito que contar. Cóntame que se graduou en Ciencias Criminóxicas e Seguridade Pública, estudos que compaxinou co traballo, e que lle permitiu ascender ata Insperctor Xefe. Pero advirte que o traballo de xefe, en Padrón, non solo é traballo de oficina. Nunha plantilla pequena supón facer de todo. "Se falta xente, tes que estar ti. Nunca desconectas, incluso na casa. Cando soaba o teléfono saltabas correndo. A día de hoxe, aínda salto", relata.

Está xubilado dende finais de xaneiro. Pregúntolle polo futuro, mírame fíxamente e dime que o ten claro: "Devolverlle á miña familia todo o tempo que lle quitei e compensarlle todo o que fixeron por min". A xubilación para el é o descanso mental que necesitaba, e faille moita ilusión porque vai poder facer aquelas cousas que, por falta de tempo, non puido facer no seu momento. Unha de elas é o inglés, asignatura pendente xa que el era da época na que a lingua extranxeira nos colexios era o francés.  E relacionado co inglés, outro plan que teñen é viaxar, porque á súa muller e a el gústalle moito. Este é un dos motivos polos que quere aprender inglés, para que non sexa unha barreira para viaxar.

"O traballo de policía ten unha carga emocional moi grande xa que axudas a moita xente. Este traballo ten dúas caras: a cara amable de axudar á xente, e a cara menos amable e máis represiva. Todos os días alguén me daba as gracias por algo, síntome orgulloso e agradecido. Foron os mellores anos da miña vida dedicados a un traballo que me satisfixo pero recibo cos brazos abertos a xubilación".

Comentarios
Lo más