miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PP oponse no Parlamento á oficialización do Camiño Francés por Touro

O PP oponse no Parlamento á oficialización do Camiño Francés por Touro
O PP oponse no Parlamento á oficialización do Camiño Francés por Touro

A iniciativa de En Marea atende, entre outras, ás recomendacións do ICOMOS, organismo asesor da Unesco

En Marea Touro, a través do grupo parlamentar, levou ao parlamento galego unha proposición para a oficialización do Ramal Histórico do Camiño Francés por Touro, que foi rexeitada polo voto en contra do PP.

A iniciativa de En Marea atende, entre outras, ás recomendacións do ICOMOS, organismo asesor da Unesco, que nun informe recente insta á Xunta de Galicia a recoñecer o Ramal Histórico Arzúa – Beseño – Quion – Amenal como camiño de peregrinaxe.

A esta iniciativa, sumáronse diversas asociacións e organizacións de defensa e promoción do Camiño, mesmo internacionais, e veciñas de Touro, que coinciden na importancia dos valores patrimoniais da ruta, así como na relevancia que esta terá no desenvolvemento e dinamización económica do Concello de Touro. Así, o pasado 10 de febreiro colectivos e veciñanza autoconvocouse a unha andaina na que se reivindicou a demanda trasladada agora ao parlamento galego.

Para a Marea local a oficialización e posta en valor do Camiño Francés por Touro é unha oportunidade de desenvolvemento económico e social que Touro non pode deixar pasar; máxime na situación demográfica agónica, precarización de servizos e falla de oportunidades para a mocidade na que se atopa o concello. É por isto, que causa incredulidade o total desinterese do rexedor Ignacio Codesido (PP) sobre o asunto, de quen a veciñanza esperaba unha resposta decidida e que exercera influencia no seu partido para sacar a proposta adiante, algo non ocorreu.

O grupo parlamentar do Partido Popular, ante a incapacidade e desinterese do alcalde Ignacio Codesido, valeuse dos seus votos para privar, polo momento, desta oportunidade para a localidade.

En Marea Touro denuncia o desgoberno que sofre o municipio e o vergoñento pasotismo do alcalde ante un asunto de vital importancia, e que demostra a nula capacidade e peso político do veterano rexedor no seu propio partido.

Comentarios
Lo más