A fonte da Alameda estropéase polo lixo e a unha das Marías fáltalle pintura nun ollo por un golpe
O Concello de Santiago tivo que avisar do incidente coa fonte a través do Twitter
O Concello de Santiago tivo que facer unha publicación en Twitter para avisar de que os motores da fonte da Alameda estropeáronse por culpa do lixo que a xente tiraba nela. No tuit o Concello recorda aos cidadáns que o lixo debe depositarse nas papeleiras que hai.
Segúndo informa o tuit, xa se encargaron novos motores e vanse instalar na maior brevidade posible. Esto non suporá un gasto añadido xa que entra dentro do contrato de mantemento. Dende o Concello espérase que a fonte esté de novo en funcionamento o venres. Pero ademáis desta avería, hai que sumar o dano que sufriu unha das estatuas das Marías. En concreto foi Coralia Fandiño Ricart, a máis alta, que perdeu a pintura dun ollo, probablemente por un golpe.