miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asamblea de Investigadoras de Compostela acusa á USC de gañar diñeiro precarizando contratos de investigadores

A Asamblea de Investigadoras de Compostela acusa á USC de gañar diñeiro precarizando contratos de investigadores
Foto de arquivo
A Asamblea de Investigadoras de Compostela acusa á USC de gañar diñeiro precarizando contratos de investigadores

A AIC recibiu unha información que, segundo afirman, "desmonta as escusas que o equipo de goberno da USC emprega para tratar de xustificar a situación de discriminación á que ten sometido a parte do persoal de investigación: a suposta falta de fondos".

Os investigadores por proxectos da USC son os máis afectados por relacións contractuais en precario na institución. Fai días denunciaban a situación que está a vivir parte do colectivo e agora volve a cargar contra o equipo de goberno. O equipo rectoral anunciou un plan para dignificar ese tipo de contratos de investigación, pero a Asamblea de Investigadoras de Compostela (AIC) recibiu unha información da Comisión de Transparencia de Glaicia, adscrita ao Valedor do Pobo, que, segundo afirman, "desmonta as escusas que o equipo de goberno da USC emprega para tratar de xustificar a situación de discriminación á que ten sometido a parte do persoal de investigación: a suposta falta de fondos".

A AIC informa que a Comisión de Transparencia estimou a reclamación presentada pola mesma asamblea contra o silencio administrativo co que a Consellería de Educación, indica AIC, tratou de dar por resolta unha solicitude de información sobre a financiación que recibe a USC no Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 por captación de talento investigador, produción científica o tesis doctorales defendidas, entre otra actividad, das persoas en etapa predoutoral. 

O colectivo quería saber cando recibe a Universidade da parte variable dos indicadores relacionados directamente cos investigadores predoutorais aos que se destinan esos recursos. Coa información que recibiron, a AIC denuncia que "mentres se lles negaba a estas persoas unha suba salarial de só 11,73 euros ao mes, alegando non ter diñeiro, la USC percibía por elas máis de 1,3 millóns de euros extra só por unha parte dun dos indicadores dese ano. É indignante". Tamén indican que ante a pregunt de a que destina a USC eses recursos, a Consellería de Eduación só limitouse a replicar que "no caso de que puideran determinarse de maneira exacta, sería un dato que tería que solicitarse á Universidade".

Na espera de toda a información por parte da Consellería e a USC, a AIC sentencia que só que saben "damos por totalmente desmontadas as escusas do actual equipo de goberno para non solucionar este problema. A conclusión é clara: a USC gaña diñeiro precarizando a estas persoas". O colectivo de investigadores reafírmase na "necesidade de facer pública esta situación de discriminación, desprezo e malgasto, situación coa que nos empurran a ter que seguir protestando e mobilizándonos".

Comentarios
Lo más