O Grupo Popular pide ao Goberno de Compostela Aberta que mellore a web do portal de transparencia do Concello para facilitar o seu uso por parte dos veciños
Para os Populares, esta ferramenta ofrecería aos usuarios un mellor servizo e un incremento da transparencia do funcionamento e control da actuación pública
O Grupo Municipal Popular presentará no Pleno ordinario deste xoves un rogo para que o Goberno de Compostela Aberta adopte as medidas necesarias para incorporar un mecanismo de busca por palabras clave na páxina web do portal de transparencia do Concello no apartado dedicado á contratación municipal, que facilite aos cidadáns levar a cabo as súas consultas.
Para os Populares, esta ferramenta ofrecería aos usuarios un mellor servizo e un incremento da transparencia do funcionamento e control da actuación pública. Así mesmo, simplificaría e facilitaría a procura de información para o conxunto da cidadanía que se incorporara no apartado de contratación municipal.
O Grupo que dirixe Agustín Hernández, considera que este mecanismo faría posible a busca por palabras clave, que permitiría a elección de criterios ou condicións para definir o procedemento que se desexa atopar. Ofreceríase así un mellor servizo e un incremento da transparencia do funcionamento e control da actuación pública.
O Grupo Popular destaca que, no caso da información relativa á contratación municipal e, en concreto, no relativo ás licitacións e adxudicacións que promove o Concello de Santiago resulta de gran dificultade a busca de procedementos sobre obras ou servizos concretos, dado que a información dispoñible abrangue máis de unha década e a súa consulta, á parte dun simple filtro sobre o tipo e situación dos contratos, so se pode facer revisando páxina a páxina desde a información máis actual ata dar co procedemento interesado.
Antecedentes
Nos últimos anos, desde o Concello déronse pasos importantes para facer máis accesible a súa actividade e funcionamento, incrementando as posibilidades de consulta e disposición de información a través das novas tecnoloxía e, en particular, mediante o seu portal da rede internet.
A oferta de información institucional, cada paso máis abundante e complexa, para que sexa de utilidade debe responder a uns principios organizativos, entre os que se atopa o de accesibilidade que recolle a citada Lei 19/2013 cando indica que “se proporcionará información estruturada sobre os documentos e recursos de información con vistas a facilitar a identificación e busca da información”.
Tal e como sinala no seu preámbulo a Lei 19/2013, do 9 de decembro, a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser los eixes fundamentais de toda acción política.