Arde un barco no Peirao do Centenario Norte, na Coruña
Salvamento Marítimo, o servizo de GardaCostas de Galicia e aos axentes da Policía Nacional e Local foron informados da situación
Un incendio nun barco calcinou por completo unha máquina que removía mercadoría almacenada no interior da adega.
Ao fío das 22:00 horas deste martes, persoal do Porto da Coruña solicitaba ao 112 Galicia a colaboración dos Bombeiros para extinguir un lume, provocado por unha máquina no interior da adega dun barco, no Peirao do Centenario Norte. O alertante aseguraba que non había persoas afectadas.
Ata o lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia acudiron os Bombeiros da cidade. Tamén, Salvamento Marítimo, o servizo de GardaCostas de Galicia e aos axentes da Policía Nacional e Local foron informados da situación.
Unha vez extinguido o lume, persoal do Porto confirmou que ardera, na súa totalidade, a pá escavadora que removía, neses intres, mercadoría no interior da adega.