miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alexandra Fernández anima ao BNG e a En Marea a alcanzar un acordo para as xerais

Alexandra Fernández anima ao BNG e a En Marea a alcanzar un acordo para as xerais
Alexandra Fernández anima ao BNG e a En Marea a alcanzar un acordo para as xerais

Queda fora Anova xa que nos últimos días publicou un comunicado no que expresaba a necesidade dun pacto con Podemos e plataformas municipalistas

Alexandra Fernández invita ás direccións do BNG e de En Marea a sentarse e analizar a posibilidade de alcanzar un acordo para as próximas eleccións xerais. Fernández cre que hai que sumar forzas nas listas para evitar que Galicia quede ainda máis aillada. Queda fora Anova xa que nos últimos días publicou un comunicado no que expresaba a necesidade dun pacto con Podemos e plataformas municipalistas.

Alexandra Fernández foi a única que seguiu a decisións tomada pola dirección de En Marea e rechazou a semana pasada a tramitación dos Presupostos de Pedro Sánchez. Os outros catro, que seguiron aos seus respectivos partidos políticos, votaron a favor. Onte manifestaba a súa "decepción ao ver que Podemos se facía cómplice da política do PSOE". 

O BNG ainda non se pronuncio pero fontes da formación aseguran que a proposta constata o que pensan dende sempre: "Para facer políticas de país, que miren para Galiza, non se pode acudir ás urnas cunha formación política estatal dirixida dende Madrid".

Pola súa parte, Villares reivindicou o partido instrumental como un "magnífico instrumento ao servizo de aqueles que o crearon" facendo referencia ás mareas municipais e a Anova, Podemos e Esquerda Unida, que anunciaron que concurrirían xuntos en coalición ás xerais pero sen contar con En Marea. "Temos unha ferramenta, o partido político En Marea, que crearon todos os actores que neste momento componemos o espacio político en Galicia, e que está lista para gañar as eleccións" afirmou Luis Villares. Asegura que a cidadanía premio a unidade de queles que teñen un pensamento similiar e comparten valores e principios.

Pero Martiño Noriega non acepta a proposta de ir baixo a marca de En Marea. O alcalde de Santiago, que forma parte de Anova, aposta pola coalición.

Comentarios
Lo más