miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG de Boiro solicita ao Concello que retire os restos franquistas do municipio

O BNG de Boiro solicita ao Concello que retire os restos franquistas do municipio
Foto de arquivo
O BNG de Boiro solicita ao Concello que retire os restos franquistas do municipio

Faino rexistrando unha moción no Concello

Recentemente o Ministerio de Xustiza vén de pedir aos alcaldes que proceda á eliminación de todos os restos franquistas, circunstancia pola que, unha vez máis, desde o Grupo Municipal do BNG solicitan ao PP de Boiro que en cumprimento da lexislación vixente tome as medidas precisas para a eliminación de todo símbolo e/ou vestixio da Ditadura que perdure no noso municipio.

Por eso onte deron rolda de prensa na Fonte de Cariño como lugar representativo de sitios que quedan en Boiro con simboloxía franquista.

Xa no 2016 presentaron unha moción onde se solicitaba dita aplicación e que tal moción fora aprobada en Pleno por unanimidade. Onte tamén rexistraron outra moción no Concello.

Comentarios
Lo más