Ouro, prata e bronce para o Atlética A Silva-Ordes no Campionato Galego de Péntatlon de Lanzamento
Ana María Abuín Pazos (F55) e Xosé Manuel Núñez Sánchez (M50) acadaron as medallas de ouro no Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster
O Atlética A Silva-Ordes segue a demostrar o bo nivel dos seus atletas. Nesta ocasión hai que destacar a actuación de Ana María Abuín Pazos (F55) e de Xosé Manuel Núñez Sánchez (M50) tras acadar cadansúas medallas de ouro no Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster. Unha cita na que Carlos Vera Domínguez (M50) obtivo o bronce.
Por outra banda, Daniel Loureiro Mosquera foi o primeiro clasificado en lanzamentos longos (S18 e S16), mentres que Arantxa Ferreiro Figueira (S16) e María Pena Ferreiro (S18) finalizaron en segunda posición. Precisamente esta última trasladarase esta vindeira fin de semana a Castelló para participar no Campionato de España de Lanzamentos Longos.
Icía Ares Betanzos (categoría alevín feminina) rematou en sexta posición xa no que se refire ao Campionato Galego de Campo a Través que tivo lugar en Pereiro de Aguiar.