miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noriega defende que o modelo das cidades sexa exemplo no 28-A

Noriega defende que o modelo das cidades sexa exemplo no 28-A
Noriega defende que o modelo das cidades sexa exemplo no 28-A

O primeiro edil da capital galega ha considerado que o proxecto que mellor funcionou foi o das mareas locais, "evidentemente os espazos das mareas municipalistas son diferenciados e funcionaron no local", esgrimiu

O alcalde de Santiago por Compostela Aberta, Martiño Noriega, admitiu este martes que a súa opción favorita para concorrer ás eleccións xerais do próximo 28 de abril sería unha fórmula que permitise trasladar o modelo das plataformas municipais nas cidades do cambio aínda que "parece que é a que peor encaixe ten".

"Nós queremos para o noso país o que temos na nosa cidade" onde Compostela Aberta é o "espazo que aglutina a unidade popular", dixo en rolda de prensa, cuestionado pola situación interna de En Marea ante o risco de que os seus principais actores concorran en dúas listas separadas.

O primeiro edil da capital galega ha considerado que o proxecto que mellor funcionou foi o das mareas locais, "evidentemente os espazos das mareas municipalistas son diferenciados e funcionaron no local", esgrimiu.

Con todo, mostrouse escéptico ante a posibilidade de que sexa a opción maioritaria para os comicios xerais; "non se se é pola fórmula en si mesmo, pero o partido instrumental por determinadas dinámicas que se deron, parece a que peor encaixe ten".

Por iso, sostivo que "por encima das fórmulas debe estar o espazo unitario" xa que nun "momento histórico" no que é preciso, segundo Noriega, frear o auxe da extrema dereita, a unidade de acción debe ser prioritaria "sexa cal for a fórmula administrativa".

Unha unidade que deben decidir os principais partidos que conforman ata agora En Marea, posicións que "se se queren adoptar ben, se logo non se quere adoptar... isto non depende dos chamados que se fagan".

Así, entende que se xa "hai xente en determinadas posicións" que din que esa unidade xa non se pode dar, "será a cidadanía a que xulgue" nas urnas.

Con estas declaracións, Noriega posiciónase co seu homólogo na Coruña, Xulio Ferreiro, que onte expuxo que aínda que "todos na nosa cabeza podemos ter as fórmulas ideais, hai que ser realistas e responsables: ante a situación de adianto electoral necesitamos unha ferramenta que nos permita ser operativos, rápidos e incluír a todo o mundo que se poida sentir cómodo e representado neste espazo".

Finalmente, Noriega incidiu en que el, a pesar da actual situación, "nunca falaría de fracasos" porque os procesos de unidade popular conseguiron levar o cambio a moitas institucións aínda que de non conseguir a unidade buscada para as eleccións estatais, si entende que habería xente que demostraría non estar "á altura do momento histórico".

"Aprendín a desdramatizar as cousas" nun momento electoral no que "non me podo permitir estar desanimado" porque agora o reto de Noriega é "revalidar a alcaldía" de Santiago de Compostela nas eleccións de maio, aínda que "o desexo de moita xente é que os espazos de transformación desaparezan do mapa".

Comentarios
Lo más