miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Punto e final para a folga do servizo de Urxencias

Punto e final para a folga do servizo de Urxencias
Punto e final para a folga do servizo de Urxencias

A desconvocatoria, obedece ao sentir dos traballadores do servizo que así o manifestaron mediante votación en urna o pasado 15 de febreiro

O comité de folga de Urxencias, formado pola comisión de centro, acaba de asinar no día de hoxe, a acta de desconvocatoria da folga do servizo, despois da reunión mantida coa Xerencia de Xestión ás 9:30 horas.

A desconvocatoria, obedece ao sentir dos traballadores do servizo que así o manifestaron mediante votación en urna o pasado 15 de febreiro, por 100 votos a favor da proposta da Xerencia e 48 en contra.

Dende o 12 de novembro ata hoxe, foron quince semanas de folga, no que os traballadores saían todos os luns ás portas de Urxencias para mobilizarse contra a inmobilidade da Xerencia pola demanda de postos no servizo.

Comentarios
Lo más