miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas pide maior seguranza viaria nos accesos a Lamas de Abade

Bascuas pide maior seguranza viaria nos accesos a Lamas de Abade
Foto de arquivo
Bascuas pide maior seguranza viaria nos accesos a Lamas de Abade

Unha demanda histórica das ANPAS educativas e da veciñanza

Xoán Bascuas, candidato a alcaldia de Compromiso por Galicia, pide maior seguridade na zona das rúas Lamas de Abade e Divina Pastora e facer máis accesible a zona a peóns, autobuses e coches particulares. Neste emprazamento “hai moitos centros escolares e centros para persoas con diversidade funcional, onde se concentra un número importante de persoas que conforman a comunidade educativa: alumnado, profesorado, pais e nais”. Velaí que os galeguistas insistan en mellorar de maneira substancial a seguranza viaria para transporte escolar, vehículos particulares e persoas que van a pé, “co fin de conseguir unha zona máis humanizada”.

Na contorna está a escola de hostalaría, o instituto, a escola infantil Raiola e o centro Aspanaex, entre outros. Esta é unha reclamación que coincide “cunha demanda histórica da veciñanza do barrio e das ANPAs que forman parte da comunidade educativa”.

Dende Compromiso tamén propoñen a mellora do transporte público ,que en distintos momentos queda insuficiente: só un autobús nas saídas do centro, problema que xa se denunciou e a día de hoxe non se puxo unha solución.

Comentarios
Lo más