A executiva local do PSdeG dá o visto bo ao comité electoral de Xosé Sánchez Bugallo, que está integrado por dez persoas
O equipo de Bugallo está integrado por un total de dez persoas, sendo Joaquín Buergo del Río o coordinador de campaña
O comité electoral do candidato Xosé A. Sánchez Bugallo quedou constituido, unha vez que foi aprobado polo comité executivo local do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela. O equipo de Bugallo está integrado por un total de dez persoas, sendo Joaquín Buergo del Río o coordinador de campaña.
As persoas que integran o equipo electoral de Bugallo son, en primeiro lugar, Joaquín Buergo del Río, que é o coordinador da campaña. Xoaquín Fernández Leiceaga ostenta a responsabilidade de Programa, mentres que Mª Carmen Lemos González é a coordinadora de actos. Pola súa banda, Mercedes Rosón Ferreiro leva a área de Medios, Mila Castro Sánchez a de Mobilización, Carmen Fernández Morante a de Administración, e Gonzalo Muíños Sánchez encargarase do Día D.
Finalmente, Sindo Guinarte Cabada é o coordinador de Asesoría Xurídica; Nieves Lagares Díez de Redes; e Antón Varela Tourón é o responsable de Seguimento.