Cincuenta estudantes do colexio de Castiñeiras visitaron as exposicións de Xoán Fernández e Constantino González en Ribeira
06:30 19/02/19
06:30 19/02/19
Aida Tarrío Torrado exerceu de guía en ambas mostras
Cincuenta alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras estiveron a visitar onte dúas das exposicións que está a ofrecer o Concello de Ribeira neste mes de febreiro.
Primeiro acudiron á Casa do Concello, onde tiveron a oportunidade de contemplar a mostra titulada “Lembranzas” do pintor local Xoán Fernández. A continuación dirixíronse ao Centro Cultural Lustres¡ Rivas para ver a exposición “Cor e natureza”, de Constantino González.
Aida Tarrío Torrado, que está a colaborar co departamento de Normalización Lingüística, exerceu de guía en ambas mostras.