miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O feminino Estrela Vermelha consegue unha nova vitoria

O feminino Estrela Vermelha consegue unha nova vitoria
Foto: Cedida polo clube
O feminino Estrela Vermelha consegue unha nova vitoria

O resultado final amosaba unha gran diferenza de máis de 30 puntos a favor das vermelhas, pois o combinado visitante acusou as súas baixas

Para pecharmos a xornada de gaélico galego, na capital vimos dous bos partidos de rivais moi afastados na táboa, mais que deron boa mostra da entrega de todas as equipas desta Liga. Primeiramente xogaron o Estrela Vermelha e o Turonia GFG nun partido correspondente coa duodécima xornada da liga feminina. 

Comezou cun ritmo frenético por parte das locais, que anotaron tres goles nos primeiros minutos do encontro e que marcaron a dinámica do xogo. O resultado final amosaba unha gran diferenza de máis de 30 puntos a favor das vermelhas, pois o combinado visitante acusou as súas baixas. Resultado final: Estrela Vermelha 8-21 (45) - 1-4 (7) Turonia GFG.

PARTIDO DO ESTRELA GAELS

Por outra banda o filial compostelano, o Estrela Gaels, recibía ao por agora líder da clasificación, os Irmandinhos da Estrada. A primeira parte foi moi desputada, con ocasións parellas para ambos equipos e rematou cun 4-10 para o combinado estradense. 

Na segunda parte os visitantes tiraron de veteranía cun mellor tiro a paus que, xunto cun relativo desacerto de cara a portería dos estreleiros, rematou por dar a vitoria aos Irmandinhos. Estrela Gaels 0-4 (4) - 1-15 (18) Irmandinhos.

Na próxima semana o Estrela Vermelha masculino recibe aos Ártabros de Oleiros e os Estrela Gaels viaxan a Ourense para se enfrontaren ao Auriense

Comentarios
Lo más