miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas foron evacuadas por unha intoxicación de monóxido de carbono en Oleiros

Tres persoas foron evacuadas por unha intoxicación de monóxido de carbono en Oleiros
Tres persoas foron evacuadas por unha intoxicación de monóxido de carbono en Oleiros

Os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención dos Bombeiros de Arteixo, da Policía Local e tamén pasaron o aviso aos voluntarios de Protección Civil

Tres persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia a causa dunha intoxicación por acumulación de monóxido de carbono no interior da súa vivenda.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse ao redor das 00:30 horas da madrugada de hoxe nunha vivenda da Rúa dos Fornos, na parroquia coruñesa de San Xián de Serantes, en Oleiros. Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias que atoparon altos índices de monóxido de carbono, posto que os aparellos que o detectaron así o sinalaban.

Os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención dos Bombeiros de Arteixo, da Policía Local e tamén pasaron o aviso aos voluntarios de Protección Civil.

Tras realizar as comprobacións necesarias, os bombeiros confirmaron que o monóxido de carbono proviña do funcionamento defectuoso da caldeira.

Comentarios
Lo más