Situación de ceos con nubes en Compostela
08:00 18/02/19
08:00 18/02/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima chegará aos 13ºC
Logo do paso da fronte na xornada do domingo, durante o luns agárdase unha xornada de ceos alternando nubes e claros, con algún chuvasco ocasional, máis probable canto máis ó leste de Galicia.
A cota de neve estará sobre os 1100 metros.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima chegará aos 13ºC.
Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral.