miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo para apuntarse no Carnival Camp

Aberto o prazo para apuntarse no Carnival Camp
Aberto o prazo para apuntarse no Carnival Camp

Concretamente está dirixido a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos e o seu prezo tan só é de 8 euros

Ata o próximo 1 de marzo o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para inscribirse no campamento de conciliación organizado para as vacacións de Entroido. O Carnival Camp terá lugar os próximos 4 e 6 de marzo de 9 a 14 horas, abríndose a posibilidade de ampliar o horario. Concretamente está dirixido a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos e o seu prezo tan só é de 8 euros.

Música e movemento, festas de disfraces, obradoiros, xogos, contos, cancións, conversas en lingua inglesa, traballos manuais etc. Todo isto e máis son as actividades programadas para ambos os días.

Comentarios
Lo más