O Sindicato Labrego Galego denuncia a situación que viven os mozos que se beneficiaron de Plans de Incorporación á actividade agraria
A comparecencia diante dos medios de comunicación será ás 11:30 horas, nas instalacións do Local Nacional do Sindicato Labrego Galego.
O Sindicato Labrego Galego convoca para MAÑÁ, luns 18 de febreiro, unha rolda de prensa en Compostela para presentar o seu plan de acción para que a Axencia Tributaria corrixa os ingresos indebidos que tivo a conta de mozos e mozas que se beneficiaron de Plans de Incorporación á actividade agraria e que foron gravados coma se fosen incremento patrimonial, o mesmo tratamento que se lle dá aos premios da lotaría.
Dende o SLG denuncian casos de afiliados e afiliadas que, cobrando unha subvención de 22.000 euros, tiveron que pagar entre 5.000 e 9.000 euros de impostos o mesmo ano de concesión da axuda, cando o importe se ingresaba ao ano seguinte. Diante destes abusos, houbo mozos e mozas que renunciaron á axuda.
A comparecencia diante dos medios de comunicación será ás 11:30 horas, nas instalacións do Local Nacional do Sindicato Labrego Galego.
Na rolda de prensa participarán Conchi Docampo, labrega afectada que foi o primeiro caso na Galiza en obter un fallo favorable do Tribunal Económico Administrativo tras denunciar; e Sonia Vidal Lamas, coordinadora da Mocidade Labrega no SLG.