miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández mantivo unha xuntanza coa directiva de Santiago Centro

Agustín Hernández mantivo unha xuntanza coa directiva de Santiago Centro
Agustín Hernández mantivo unha xuntanza coa directiva de Santiago Centro

O presidente do PP comprometeuse a buscar a maneira de poñer en marcha distintas iniciativas para incentivar o comercio e convertelo nun elemento dinamizador

O Partido Popular de Santiago explicou, durante unha xuntanza coa directiva da Asociación Santiago Centro, que o seu equipo, xunto cun grupo de técnicos, están a traballar en diferentes propostas, como a reurbanización da praza de Galicia e da súa contorna, con actuacións específicas na rúa Doutor Teixeiro, para dar unha solución definitiva ao caos de tráfico que soporta esta zona.

O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, acompañado da concelleira e parlamentaria autonómica, María Antón, remarcou que comparte o idea dos membros desta asociación de levar a cabo o desenvolvemento dun Plan Estratéxico para Santiago Centro, que dea un orden e un equilibrio para todas as actuacións que se queiran desenvolver nesta área.

Así mesmo, Hernández explicoulles que dentro do proxecto de cidade no que están traballando, os Populares xa presentaron unha serie de bonificacións para o comercio, sector imprescindible nesta parte da Capital de Galicia, así mesmo, estas medidas contemplan unha importante rebaixa no IBI e a eliminación da taxa de apertura de distintos negocios, entre outras medidas.

O presidente do PP comprometeuse a buscar a maneira de poñer en marcha distintas iniciativas para incentivar o comercio e convertelo nun elemento dinamizador.

Os Populares insistiron na importancia de que se faga unha integración seria das novas infraestruturas que se están construíndo na zona nova de Santiago, como por exemplo a Estación Intermodal, para que non se convertan nun problema e sexan o niño de oportunidades para os veciños.

Agustín Hernández tamén falou de que non se poden seguir perdendo oportunidades para reordenar a cidade, polo que é necesario facer un estudo serio do tráfico rodado, posto que se trata dun grave problema, tanto para os cidadáns, como para a xente de paso.

Hernández tamén insistiu en que hai que traballar para que Santiago e a Universidade volvan a remar na mesma dirección e non semellen ser entes que non se relacionan.

Pola súa banda, os comerciantes queixáronse tamén do pouco que se conta con esta zona de Santiago en materia de turismo, posto que ata o de agora non se puido “saltar a barreira” que supón a rúa da Senra, polo que se fai necesario crear algún elemento de atracción no propio Ensanche que faga a súa visita obrigatoria, ademais de incluír, na promoción turística de Santiago, os atractivos cos que conta a capital fora do Casco Histórico.

Reclaman tamén un maior fomento da actividade cultural, accións específicas para as familias e a xente nova, unha mellora no transporte urbano, a xestión dos aparcamentos disuasorios, que ata o de agora están desaproveitados; campañas de sensibilización contra o ruído ou o control dos pisos con alugueres ilegais, entre outras moitas medidas.

Comentarios
Lo más