Detectan un vertido de augas fecais no río Sar, ao seu paso por Pontepedriña
Nunha visita de inspección rutineira xirada á zona, identificouse o punto de vertido, logo das labores de limpeza no leito fluvial
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais en Santiago de Compostela.
Augas de Galicia vén de constatar a emenda dun vertido contaminante que afectaba ao río Sar ao seu paso polo barrio de Pontepedriña, en Santiago.
Nunha visita de inspección rutineira xirada á zona, identificouse o punto de vertido, logo das labores de limpeza no leito fluvial. Segundo puideron comprobar os técnicos, tratábase dun vertido de augas residuais fecais que se infiltraba a través do muro de contención da marxe esquerda do río, augas arriba do paso baixo a rúa do Restollal.
A incidencia detectada foi posta en coñecemento dos técnicos municipais e adoptaron as medidas correctoras oportunas.