miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Extinguen tres incendios en Laza

Extinguen tres incendios en Laza
Extinguen tres incendios en Laza

Nos traballos de extinción mobilizáronse 2 axentes, 3 brigadas e 1 motobomba

A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal foi extinguido no termo ourensán de Laza, parroquia de Camba, tras afectar a unha superficie de 24,09 hectáreas, todas elas de monte raso, de acordo coas últimas medicións mediante GPS.

Nesta mesma parroquia tamén se rexistraron onte outros dous incendios de menos de 20 hectáreas con varios focos simultáneos. En total, chegaron a contabilizarse ata dez focos diferentes.

O lume na parroquia de Camba tivo tres focos simultáneos no seu inicio e comezou onte ás 19,17 horas. As chamas déronse por extinguidas ás 20,56 horas.

Nos traballos de extinción mobilizáronse 2 axentes, 3 brigadas e 1 motobomba.

Todos os incendios están xa extinguidos.

Comentarios
Lo más