Falece un home despois de ser atropeplado por unha motocicleta en Arteixo
Pese a os esforzos dos servizos sanitarios, nada puideron facer por salvar a vida da persoa
Un home perdeu a vida esta pasada noite en Arteixo tras ser alcanzado por unha motocicleta en Arteixo.
O accidente rexistrouse ao fío das 22:30 horas da pasada noite na Travesía de Pastoriza, á altura do número 58. Foi nese intre, cando varias persoas se puxeron en contacto co 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria urxente para dúas persoas inconscientes na estrada.
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos intervención dos servizos sanitarios. De igual xeito, alertouse a Garda Civil de Tráfico, aos axentes da Policía Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Pese a os esforzos dos servizos sanitarios, nada puideron facer por salvar a vida da persoa. Ademais, o condutor do vehículo, ferido de consideración, foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.