miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega unha fronte fría a Compostela

Chega unha fronte fría a Compostela
Chega unha fronte fría a Compostela

En Compostela a temperatura mínima achegará aos 8ºC e a máxima acadará os 13ºC

O domingo unha fronte fría chegará a Galicia, deixando un día de chuvias e descenso da temperatura. 

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias que comezarán polo oeste da provincia da Coruña e co avance da tarde irán chegando ó resto da Comunidade. 

Pola noite os chuvascos poden ser localemente treboentos e a cota de neve situarase arredor dos 1200 metros. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas sufrirán un notable descenso. En Compostela a temperatura mínima achegará aos 8ºC e a máxima acadará os 13ºC.

Os ventos serán do sur-sudoeste entre frouxos e moderados.

Comentarios
Lo más