Os populares reclaman claridade coa licitación do servizo de limpeza ao levar sen contrato "desde casi un ano"
Os Populares remarcan que non se trata dun contrato menor, posto que, despois de sucesivas ampliacións para incluír novas dependencias, o seu importe anual supera o millón de euros, cantidade coa que se remunera o traballo de 45 persoas
O Grupo Municipal Popular preguntará no Pleno ordinario deste mes ao Goberno de Compostela Aberta en que situación se atopa o servizo de limpeza dos edificios municipais, posto que o contrato aínda non está licitado e se descoñece a data para facelo.
O servizo de limpeza de edificios e dependencias do Concello foi adxudicado a unha empresa en maio de 2014 por dous anos prorrogables a dous máis. Transcorrido o prazo inicial do contrato e tras prórrogas sucesivas o contrato rematou definitivamente o 30 de maio de 2018, polo que na actualidade e desde hai nove meses a empresa está a prestar o servizo sen contrato.
Os Populares remarcan que non se trata dun contrato menor, posto que, despois de reiteradas ampliacións para incluír novas dependencias, o seu importe anual supera o millón de euros, cantidade coa que se remunera o traballo de 45 persoas.
No Pleno de maio de 2018, ante a proximidade do remate definitivo da vixencia deste contrato, o Grupo que dirixe Agustín Hernández realizou unha pregunta para coñecer as previsións do Goberno de Martiño Noriega en relación con este contrato, pero o única información que acadaron os Populares foi a resposta da concelleira de Economía, Facenda e Administración, quen se limitou a dicir que o propósito era iniciar unha nova licitación “nos próximos días”.
O Grupo Municipal Popular considera necesario que Compostela Aberta dea explicacións sobre situación deste contrato que un custe dun millón de euros e afecta de forma directa a 45 traballadores.