miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea comeza o seu proceso de primarias para as xerais e as europeas

En Marea comeza o seu proceso de primarias para as xerais e as europeas
En Marea comeza o seu proceso de primarias para as xerais e as europeas

A formación propón unha "gran plataforma progresista" con outras forzas galegas para concorrer xuntas ao Senado co obxectivo cambiar a maioría tamén nesa cámara

En Marea presentou o proceso de primarias para as vindeiras eleccións xerais e europeas, un proceso que se iniciou onte, 16 de febreiro, e que rematará o 13 de marzo coa proclamación definitiva dos resultados para ambolos dous comicios. O voceiro de En Marea explicou que a estas primarias pode candidatarse quen queira e tamén adiantou unha proposta para toda as forzas políticas progresistas galegas. 

Segundo Luís Villares: "proporase ás forzas progresistas unha plataforma única para concorrer ás eleccións ao Senado". Segundo o voceiro, "esta cámara favorece de maneira esaxerada aos partidos maioritarios e por iso queremos ofrecerlle ao resto das forzas progresistas galegas unha plataforma para concorrer xuntos e cambiar o que ata agora foi un dominio do PP". Neste sentido, Villares sinalou que o "carácter aberto das listas para esta cámara facilitaría esa posibilidade".

Para Villares este proceso de primarias permite que poida "candidatarse quen queira facelo, esta é unha das vantaxes de En Marea "todo o mundo pode candidatarse aínda que xa se tivese candidatado noutras formacións, porque para nós o importante é a participación individual". O voceiro da formación explicou a que situación política resultante das eleccións debería responder á situación real de Galicia, "Pensamos que existe unha mayoría que defende os dereitos fundamentais: Galicia non é racista, non é supremacista, non é xenófoba. E sen embargo vemos como o Partido Popular, nesa alianza coa extrema dereita, se negou a condenar aquelas declaración de VOX onde se facían afirmacións negadoras dos dereitos fundamentais e da igualdade de todas as persoas”.

“Vimos con moita preocupación como o PP se negou a condenar un pacto cunha forza política que nega o autogoberno de Galicia. Galicia é moi diversa pero nin é machista, nin é irrespetuosa cos dereitos fundamentais, nin é abolicionista da Autonomía”. No mesmo sentido considera que "a Galicia na que todas queremos vivir é diversa, plural, cooperativa e progresista. E nós pensamos que ese discurso que é maioritario ten que ter tamén un reflexo maioritario nas institucións para as que agora nos presentamos”.

PLATAFORMA PROGRESISTA AO SENADO

Segundo Luís Villares o Senado ten unha configuración que penaliza aos partidos minoritarios e que favorece a formación de maiorías absolutas que non se corresponde co proporcional dos votos. Por este motivo, o voceiro explicou que En Marea consideraba necesario unha proposta para todas as forzas progresistas galegas para cambiar esta situación e "conseguir unha representación que cambie o dominio que dereita ten sobre esa cámara". Sinalou Villares "que un espazo político como o Senado é propicio para a cooperación entre todas as forzas progresistas galegas que representamos esta maioría que hai en Galicia”.

O voceiro de En Marea sinalou na rolda de prensa: "se pensamos realmente que Galicia está pola igualdade, polos dereitos fundamentais e pola defensa do autogoberno. Tendo en conta que o Senado é unha institución que penaliza ás minorías e que favorece as maiorías, estamos en condicións de afirmar que se articulamos unha posición progresista, democrática e galega ben maioritaria conseguiremos a representación maioritaria no Senado”. 

Villares fixo un chamamento ás forzas progresistas galegas, “facemos hoxe un chamamento tanto ao Bloque Nacionalista Galego como ao Partido Socialista de Galicia para unha grande plataforma progresista galega para as eleccións xerais deste ano 2019”. Engidou que estaban “convencidas de que a maioría social de Galicia está por estes principios democráticos e da igualdade, por defender os dereitos fundamentais e o autogoberno para o noso país”. Concluíu o voceiro que era o “momento de darlle ao Senado un papel relevante na defensa destes valores que consideramos maioritarios en Galicia”.

LANZAMENTO

As primarias que foron lanzadas por En Marea para os comicios xerais e europeos supoñen unha oportunidade. Segundo explicou Ana Seijas "dacordo cos nosos principios e sempre en aras de defender a democracia e a participación iniciamos un proceso de primarias hoxe que finalizará o día 13 de marzo coa proclamación definitiva dos e das candidatas de En Marea a eses comicios".

Luís Villares lembrou na presentación destas primarias que a "unidade fan as persoas, non os partidos". Engadiu que "É por iso que En Marea naceu como un espazo no que cabemos todas e todos. Un espazo con capacidade plena de participación onde non houbese militantes de primeira nin de segunda. Esa foi a grande achega política que En Marea fixo a política galega: a superación dos partidos para establecer un espazo de unidade".

O punto de partida para a formación de Villares foi resumido polo voceiro: "saímos a gañar, a articular o espazo progresista de Galicia e vertebralo ao redor dun proxecto ilusionante que é o espazo político de En Marea". Sinalou que esta formación "quere ser o espazo político da valentía, da coherencia e da consecuencia". Tamén apuntou que desde hai máis de dous anos se decidiu que "o espazo de adscrición individual que tivese ás persoas no centro e non aos partidos fora o espazo de futuro". 

Lembrou o voceiro que En Marea é espazo da unidade e sinalou que "unha coalición é unha volta atrás porque non permite ás persoas que non estean inscritas aos partidos participar, e polo tanto candidatarse, construir o programa, decidir a liña política e gobernar". "O espazo de adscrición individual permite participar a todo o mundo en pé de igualdade".

Comentarios
Lo más