miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un empate inxusto para un Santiago Futsal impecable na primeira parte

Un empate inxusto para un Santiago Futsal impecable na primeira parte
Un empate inxusto para un Santiago Futsal impecable na primeira parte

Os locais fóronse cun 2-0 ao descanso e ao renovarse o encontro os dous equipos seguiron intercambiando golpes, ata que os ilicitanos comezaron a empuxar co obxectivo de darlle a volta ao marcador

O Santiago Futsal empatou este sábado contra o Axa Fita Port Elche. Os visitantes viñan con necesidade de puntos e conseguiron levar un na súa visita a Santa Isabel.

O partido comezou axustado con ambos os conxuntos medindo cada xogada e presionando cada un dos balóns, ata que no minuto 14 Everton conseguiu finalizar unha estupenda volea nunha xogada de estratexia desde o córner. Tan só un minuto despois e de falta directa, Christian Chao conseguiu aumentar a vantaxe ao bater a media altura a Rafa case desde a distancia de sete metros.

Os locais fóronse cun 2-0 ao descanso e ao renovarse o encontro os dous equipos seguiron intercambiando golpes, ata que os ilicitanos comezaron a empuxar co obxectivo de darlle a volta ao marcador, o que conseguiron en menos de dous minutos.

Un saque de córner direto con mala fortuna para Álex Perez, e os dous seguintes de Adrián e Rubi puxeron aos do Elche por diante, algo que parecía imposible minutos atrás.

No minuto 36, de novo Christian Chao puxo o empate no marcador e os santiagueses tiveron oportunidade de levar o partido grazas ao porteiro xogador, pero non houbo tempo para máis.

O adestrador visitante, Gea, destacou a superioridade dos locais na primeira parte e recoñeceu o grupo tan traballado que ten o Santiago Futsal. Da mesma forma deu por bo o punto conseguido polo seu equipo.

Pola súa banda, Santi Valladares recoñeceu o baixón na segunda parte do seu equipo e lamentou tamén as ocasións non finalizadas con éxito. “Temos que xogar os 40 minutos enchufados, se non, pódennos pasar estas cousas”.

Comentarios
Lo más