miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feridas dúas persoas ao colidir dous vehículos contra un camión en Marrozos

Feridas dúas persoas ao colidir dous vehículos contra un camión en Marrozos
Feridas dúas persoas ao colidir dous vehículos contra un camión en Marrozos

Sucedeu ao fío das 13:30 horas, cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia informando do suceso

Dous feridos ao colidir dous coches contra un camión que perdeu o control do vehículo tras perder a carga que transportaba, na estrada que une as localidades de Ourense a Santiago.

Sucedeu ao fío das 13:30 horas, cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia informando do suceso. Decontado, os xestores de emerxencias comunicaron o ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Santiago e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademáis, informouse a Policía Local e persoal de mantemento da estrada.

Unha vez no punto confirmouse, finalmente, que foron tres os vehículos afectados, dous coches e un camión, e o traslado polos servizos sanitario de dous feridos ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios
Lo más