Unha persoa necesita asistencia ao verse afectada por un lume na súa vivenda
12:23 16/02/19
12:23 16/02/19
Unha vez apagado o lume que proviña dunha caixa de plástico con roupa, os profesionais sanitarios trasladaron a unha persoa con problemas respiratorios ao centro sanitario
En Silleda unha persoa recibiu asistencia sanitaria tras resultar afectada polo fume dun incendio declarado no interior dunha vivenda situada no lugar do Curro, en Silleda.
Segundo a información facilitada ao 112, o lume comezou arredor das tres da madrugada e ata o lugar da emerxencia desprazáronse os Bombeiros de Deza e os axentes da Garda Civil.
Unha vez apagado o lume que proviña dunha caixa de plástico con roupa, os profesionais sanitarios trasladaron a unha persoa con problemas respiratorios ao centro sanitario para a súa valoración.