miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa ferida despois de arder por completo unha vivenda en Bergondo

Unha persoa ferida despois de arder por completo unha vivenda en Bergondo
Unha persoa ferida despois de arder por completo unha vivenda en Bergondo

O suceso produciuse ás 19:30 horas de onte

Un incendio arrasa por completo unha casa situada en San Fiz de Vixoi, no termo municipal de Bergondo, e deixa unha persoa ferida.

O suceso produciuse ás 19:30 horas de onte. Nese intre, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia do ocorrido. Ademais, indicaba no seu relato que o propietario da vivenda atopábase fóra da vivenda. 

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, así como dos axentes da Policía Local da localidade. Do mesmo xeito, puxose o suceso en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e dos membros de Protección Civil.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o interior da vivenda ardeu por completo quedando en pé só os muros da casa. Así mesmo, o dono foi trasladado polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más