Os críticos buscan refacer a coalición para as xerais sin ter en conta a dirección de En Marea
Villares deixou claro que se presentan ás primarias para elexir aos candidatos dos comicios xerais e europeos, "deberán aclarar os seus principios políticos na defensa de Galicia"
Segundo indicou Luis Villares, o Consello das Mareas tiña previsto reunirse hoxe para abordar as seguintes citas electorais pero tras a convocatoria de eleccións xerais, neste encontra sairá un calendario planificado para as primarias nas que se elexirá aos candidatos que poderán ir aos comicios xerais e europeos. Tamén insistiu en que En Marea terá no Congreso grupo propio "non condicionado ao grupo de Unidos Podemos nin a ningún outro". Villares animou ás bases de Podemos e de Anova que forman parte de En Marea a participar no proceso pero eso sí, os que se animen "deberán aclarar os seus principios políticos na defensa de Galicia".
Pola súa parte, Yolanda Díaz asegurou que a coalición de marcas coa que En Marea se presentou ás anteriores xerais vaise volver a repetir. Cabe recordar que no 2015 todavía non existía En Marea como partido instrumental, por eso o proxecto dos críticos básase en refacer a coalición dos partidos daquela, sin ter en conta a dirección de En Marea.
A os cinco diputados que están en Madrid agótaselle a lexislatura e teñen que recolocarse. Ánxela Fernández e Antón Gómez-Reino figuran na candidatura de Pablo Iglesias de Podemos. A dirección de En Marea apoia a Alexandra Fernández. Non se sabe se repetirán Yolanda Díaz por EU e Fernán-Vello por Anova.
¿E a marca? Se queren ir coa de En Marea deben concurrir ás primarias e gañalas. Se é con outro nome, Pablo Iglesias deberá aclarar quen son os seus aliados. É dicir, todos se xogan a súa representación no Congreso se se presentan divididos: En Marea, BNG e unha terceira candidatura dos críticos. Segundo o portavoz de Anova, Antón Sánchez, "a fórmula ou marca é algo secundario, o que importa era redobrar a aposta e sumar para frear a ultradereita".
Os máis perxudicados pola fractura do partido son os alcaldes das mareas, xa que as municipais veñen pisándolles os pes. A última mensaxe deles fou unha chamada á calma. A ver que acontece.