miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Santiago Futsal quere máis

O Santiago Futsal quere máis
Foto: Lola Martín
O Santiago Futsal quere máis

Os locais veñen de catro vitorias consecutivas e esperan conseguir a quinta, aínda que son conscientes do esforzo e traballo que comportará o reto

Tras gañar ao Real Betis Futsal, os santiagueses non se acomodan e queren seguir coa dinámica positiva que lles levou a dous puntos do Play off e a afastarse dos postos de descenso.

Para iso contan de novo con todos os seus efectivos, o que sumado ao bo traballo realizado durante a semana complícalle ao corpo técnico a decisión de facer a convocatoria.

Os locais veñen de catro vitorias consecutivas e esperan conseguir a quinta, aínda que son conscientes do esforzo e traballo que comportará o reto.

No camiño cara ao obxectivo reciben en Santa Isabel a un perigoso Axa Fita Port Elche que chega a Santiago co obxectivo de puntuar debido aos resultados anteriores que lles fixeron baixar posicións na clasificación.

En declaracións previas ao partido, o Segundo Adestrador David Rial asegurou onte en rolda de prensa que “Temos que ser fortes en defensa e manter a concentración durante todo momento” e que o “Santiago Futsal debe crecer co balón”.

Tamén recoñeceu o apoio dos afeccionados que están a facer que Santa Isabel sexa un fortín ao longo da tempada “A conexión entre afección e xogadores está a ser moi especial”

Lembramos que os abonados do Club poderán convidar a maiores de idade por un prezo de 5€. A recollida da devandita invitación poderase no despacho de billetes o mesmo día do partido.

O partido disputarase hoxe sábado 16 ás 19:00 horas en Santa Isabel, será retransmitido en directo pola plataforma de streaming da LNFS.

Comentarios
Lo más