Hoxe comeza o IV Encontro de ContraMINAcción no Museo do Pobo Galego
09:54 16/02/19
09:54 16/02/19
O encontro leva por título “Impactos da minaría na Península Ibérica”
ContraMINAcción, rede contra a minaría destrutiva que integra 24 organizacións e colectivos da Galiza, celebra esta fin de semana o seu IV Encontro que, baixo o título “Impactos da minaría na Península Ibérica”, convoca 14 organizacións e plataformas que se opoñen á actividade mineira en España e Portugal polas consecuencias negativas -sociais, económicas e medioambientais- que esta ten no seu entorno.
Serán tres días de intensos debates e traballo que, na mañá de hoxe sábado 16 de febreiro, incluirá tamén tres palestras abertas ao público (+info: bit.ly/contraMINA2019). O evento terá lugar no Museo do Pobo Galego.