Cincuenta ribeirenses visitan en Santiago dúas exposicións dedicadas a Castelao
08:30 16/02/19
08:30 16/02/19
O grupo formábano estudantes dos institutos Número 1 e Leliadoura e alumnado de Lingua e Cultura Galegas do Servizo Municipal de Normalización Lingüística
Un grupo de 50 persoas formado por estudantes dos institutos Número 1 e Leliadoura e por alumnado de Lingua e Cultura Galegas do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, estiveron o pasado xoves en Santiago de Compostela co fin de visitar distintas instalacións culturais da capital autonómica.
Concretamente, o grupo estivo visitando na Cidade da Cultura a exposición “Castelao Maxistral” e no convento de San Domingos de Bonaval con motivo da mostra “Alba de Groria”, que recrea o célebre discurso ofrecido polo intelectual rianxeiro.
Tamén estiveron no Museo do Pobo Galego.