miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un escape de gas tras a rotura dunha tubaxe mobiliza aos servizos de emerxencia en Pontevedra

Un escape de gas tras a rotura dunha tubaxe mobiliza aos servizos de emerxencia en Pontevedra
Foto de arquivo
Un escape de gas tras a rotura dunha tubaxe mobiliza aos servizos de emerxencia en Pontevedra

O suceso tivo lugar preto das 12:00 horas en Santa Clara

A rotura dunha tubaxe provocou unha fuga de gas esta mañá en Santa Clara, en Pontevedra, concretamente na rúa Padre Gaite.

Todo comezou preto das 12:00 horas desta maña cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia informando dun forte cheiro a gas. Nese momento, dende o CIAE 112 Galicia informouse decontado aos Bombeiros de Pontevedra, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade. Do memos xeito, informouse a 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Nacional e persoal técnico da empresa suministradora.

Tras a chegada dos servizos de emerxencia, confirmouse a rotura dunha tubaxe de gas por mor dunha obra que se esta a realizar na rúa, asimesmo, indicouse que ningunha persoa resultara afectada.

Comentarios
Lo más