A Audiencia condena a un acusado de apropiarse dos cartos para construír unha casa no Porriño
12:03 15/02/19
12:03 15/02/19
O imputado deberá indemnizar a prexudicada con 37.698 euros
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dous anos de prisión ao acusado de apropiarse dos cartos que lle entregou unha muller para construír unha casa no partido xudicial do Porriño.
O tribunal, que tivo en conta a agravante de reincidencia, destaca na resolución que o sospeitoso dispuxo das cantidades que lle daba a vítima “en beneficio propio, sen destinalas en ningún momento ao pago dos traballos realizados polas empresas subcontratadas na obra”.
O imputado deberá indemnizar a prexudicada con 37.698 euros.