miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacuado un edificio de Ponteareas por mor dun escape de gas

Evacuado un edificio de Ponteareas por mor dun escape de gas
Foto de arquivo
Evacuado un edificio de Ponteareas por mor dun escape de gas

O suceso tivo lugar pasadas as 20:00 horas na Rúa das Lavandeiras

Os servizos de emerxencias desaloxaron esta noite un edificio de catro andares a causa dunha fuga de gas, no número 3 da Rúa das Lavandeiras.

O suceso rexistrouse no 112 Galicia pasadas as 20:00 horas de onte tras a chamada de alerta dun veciño que percibía un cheiro a gas, pero descoñecía a procedencia. Así mesmo, indicaba no seu relato que dúas persoas atopábanse con molestias. De inmediato, os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vigo e ao GES-SPEIS de Ponteares. Tamén, puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local, dos voluntarios de Protección Civil da localidade e técnicos da empresa suministradora do gas.

Así, tras o desaloxo preventivo das vivendas, os servizos de emerxencias realizaron as comprobacións oportunas para localizar a fuga. Segundo puido confirmarse mediante as medicións practicadas polos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento que resultaron negativas, os veciños puideron voltar ás súas vivendas.

Ademais, por precaución, foron trasladadas as dúas persoas con molestias ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentarios
Lo más