Comezan as obras da renovación do pavimento na rúa Castelao
Conforme ao proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais, a estrada obxecto do proxecto rexistra un firme de calzada bastante deteriorado tanto en lonxitude como en anchura
O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación para a renovación do pavimento asfáltico e instalación dunha nova rede de pluviais na rúa Castelao, situada na parroquia de Aguiño
A empresa Canarga SL está sendo a encargada de realizar as obras, que supoñen un investimento de 117.256 euros, IVE incluído, no marco do Plan POS+ 2017 da Deputación. O seu prazo de execución son tres meses.
Conforme ao proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais, a estrada obxecto do proxecto rexistra un firme de calzada bastante deteriorado tanto en lonxitude como en anchura. O obxectivo fundamental que persegue a obra é pavimentar cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente toda a zona de actuación nunha superficie de 10.110 metros cadrados previo fresado da mesma. Ademais serán construídos catro pasos elevados de peóns.
A actuación comprende unha instalación nun tramo da vía dunha rede de pluviais consistente nunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro ao longo de 210 metros.