miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Casa da Cultura de Lousame acolle hoxe a inauguración da primeira exposición do veciño Juan Carlos Lorenzo

A Casa da Cultura de Lousame acolle hoxe a inauguración da primeira exposición do veciño Juan Carlos Lorenzo
A Casa da Cultura de Lousame acolle hoxe a inauguración da primeira exposición do veciño Juan Carlos Lorenzo

Unha mostra que será inaugurada hoxe venres 15 de febreiro, ás 19:30 horas, pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e polo propio autor.

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Lousame acollerá, do 15 de febreiro ao 5 de marzo, unha selección de 37 óleos que conformarán a primeira exposición pública da obra de Juan Carlos Lorenzo, veciño de Tállara. Unha mostra que será inaugurada hoxe venres 15 de febreiro, ás 19:30 horas, pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e polo propio autor.

Juan Carlos Lorenzo, veciño de Tállara e integrante do grupo folclórico O Son do Pote, fará en Lousame a súa primeira exposición. Pintor autodidacta, a súa afección pola pintura venlle de cativo, cando empezou realizando debuxos en carboncillo.

Unha afección á que lle comezou a dedicar máis tempo hai 5 anos, cando se xubilou e empezou a experimentar na pintura e a recibir clases para perfeccionar a súa técnica. 

Hoxe venres presentará á veciñanza lousamiá unha recompilación de 37 pinturas ao óleo protagonizados pola natureza e a arquitectura da súa contorna.

Comentarios
Lo más