miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CxG mantivo un encontro coa directiva da asociación veciñal "Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre"

CxG mantivo un encontro coa directiva da asociación veciñal "Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre"
CxG mantivo un encontro coa directiva da asociación veciñal "Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre"

Entre os problemas máis relevantes, destacan os de accesibilidade e o deterioro dos equipamentos, a pesar de estar en marcha o ARI.

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e membros da directiva da Asociación veciñal "Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre" mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas actuacións pendentes no barrio, que está inmerso nunha rehabilitación integral. 

Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual das dintintas problemáticas e as medidas que se están a levar acabo. Entre os problemas máis relevantes, destacan os de accesibilidade e o deterioro dos equipamentos, a pesar de estar en marcha o ARI.

Tamén apuntan desde a directiva veciñal os problemas de mobilidade e de tráfico, así como a humanización de varias rúas que non se fixo do xeito máis apropiado; tamén denuncian a problemática dos colectores do lixo, que levan sen poder usarse máis dun ano e non se atopa unha solución, así como a falta dun plan de dinamización do comercio do barrio.

Outra das problemáticas que se atopa no barrio son as prazas de aparcadoiro para residentes, que están mal reguladas ante a falta de civismo o ser usadas polos non residentes.

Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e apoia as reivindicacións que fan dende a AVV Álvaro Cunqueiro, sendo conscientes da complexidade da rehabilitación do barrio piden celeridade nos arranxos máis urxentes para facilitar a vida da veciñanza.

“Ao final vai facer falla un plan de rehabilitación para resolver o que deixou pendente o plan de rehabilitación” afirmou Bascuas con retranca.

Comentarios
Lo más