miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares preguntarán ao Goberno sobre a rehabilitación dun edificio privado con cargo "dos cartos dos santiagueses"

Os populares preguntarán ao Goberno sobre a rehabilitación dun edificio privado con cargo "dos cartos dos santiagueses"
Os populares preguntarán ao Goberno sobre a rehabilitación dun edificio privado con cargo "dos cartos dos santiagueses"

Os Populares solicitan información que aclare cal é o dereito ou o vínculo que, no momento de contratar, tiña o Concello sobre ese inmoble

O Grupo Municipal Popular preguntará no vindeiro Pleno ordinario sobre cal foi o procedemento que seguiu o Goberno de Compostela Aberta para levar a cabo a rehabilitación dun local de propiedade privada na praza Salvador de Parga.

Así, os Populares solicitan información que aclare cal é o dereito ou o vínculo que, no momento de contratar, tiña o Concello sobre ese inmoble, para encargar do proxecto de obra dun inmoble do que non é dono.

Por elo, os de Agustín Hernández insisten en coñecer onde constan os termos desa colaboración e cales son os compromisos concretos subscritos entre o Concello de Santiago e a entidade propietaria do inmoble, para converter este local no futuro centro cívico da cidade histórica.

Cabe lembrar que, nunha comparecencia pública celebrada tras a reunión da Xunta de Goberno do 20 de xullo de 2018, o Alcalde, Martiño Noriega, deu conta da aprobación do proxecto de rehabilitación do local radicado na Praza Salvador Parga.

Segundo Compostela Aberta, a redacción e aprobación deste proxecto, adxudicado polo Goberno de CA, a través dun contrato directo por un importe próximo aos 15.000 euros, era parte dun “traballo de colaboración” que se estaba desenvolvendo coa propiedade do baixo “para poder chegar a un convenio marco coa Fundación e poder empregar o devandito local, amortizando evidentemente o investimento a unha serie de anos”.

Comentarios
Lo más