miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Anuncian un investimento de 15,6 millóns de euros de actuacións nos Camiños de Santiago

Anuncian un investimento de 15,6 millóns de euros de actuacións nos Camiños de Santiago
Anuncian un investimento de 15,6 millóns de euros de actuacións nos Camiños de Santiago

Feijóo concreta que serán desde operacións de supervisión e programadas ata ocasionais, como a limpeza e sega ou tarefas de carácter preventivo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte na rolda de prensa de Consello a aprobación da que cualificou como a operación “máis ambiciosa” nos últimos anos no Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia. Unha inversión de 15,6 millóns de euros que permitirá contar cun equipo de actuación permanente que supervise, manteña e repare as Rutas Xacobeas en todo momento.

A este respecto, concretou que serán desde operacións de supervisión programadas ata ocasionais, como a limpeza e sega ou tarefas de carácter preventivo. De igual modo, dixo, poderán resolverse as incidencias que xurdan ou os danos ocasionados por causas climatolóxicas e tamén realizarse actuacións de conservación ordinaria.

Estes investimentos, precisou, beneficiarán a todos os treitos do Camiño, pero nos dous primeiros anos o maior investimento corresponderá ao Camiño Francés, o máis transitado, o ano pasado percorrérono o 57% dos peregrinos.

O presidente da Xunta explicou de igual modo que para todo isto se licitarán 8 contratos de servizo durante os dous próximos anos, ampliables a tres. “Abarcarase unha superficie superior aos 1.250 quilómetros en sendas e estradas de 121 concellos” engadiu.

Os contratos antes referidos establecerán o persoal mínimo co que debe contar cada empresa, tamén os medios de transporte, ferramentas, materiais auxiliares ou maquinaria que garantan a idoneidade dos traballos. Ademais, na súa licitación teranse en conta a organización dos traballos ou a metodoloxía entre outros factores. E, co ánimo de fomentar a sustentabilidade, tamén se valorará positivamente a minimización do uso da auga, o emprego de auga reutilizada, previa depuración, ou os métodos de traballo con menor emisión de ruído ou consumo de enerxía.

Polo tanto, a decisión aprobada onte dá continuidade aos importantes investimentos realizados desde o ano 2015 no marco do Plan director do Camiño garantindo o óptimo mantemento dos itinerarios oficiais de cara ao Xacobeo 21.

Comentarios
Lo más