miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tartas Lestedo: tradición natural

Tartas Lestedo: tradición natural
Fonte: Google Maps
Tartas Lestedo: tradición natural

Orlando Vázquez, dono de Tartas Lestedo, charla con nós para contarnos a historia da empresa

65 son os anos que leva Tartas Lestedo funcionando. Orlando Vázquez, dono desta panadería e pastelería tan famosa, charla con COMPOSTELA24HORAS.COM e coméntanos que foron seus pais os que empezaron no ano 1954 coa panadería en Lestedo. Despóis el recolleu o testigo no ano 1984 e foi cando empezou coas tartas de Santiago e a que se coñece como a Tarta de Lestedo, que é de queixo. Xa nos adianta que o seu fillo continuará co negocio e coa tradición.

A empresa de Orlando agora especializouse nestas tartas. Traballa seis tipos de tartas: de almendra, de chocolate, de "orujo", de frutos del bosque, de almendra (ou de Santiago), de mazá e a famosa tarta de Lestedo (de queixo). Todas elas elaboradas con ingredientes naturais: nada de colorantes, nin conservantes. 

Por outra parte, en Tartas Lestedo traballan a filloa. Hai que ter en conta que en Lestedo hai una festa moi famosa dende hai 35 anos: a Festa da Filloa, que este ano cuadra no 10 de marzo. E nesa semana anterior á festa, era moita a xente que elaboraba filloas para poder asistir a demanda do público da festa. Polo que Orlando puxo "uns filloeiros en circulación enriba do lume", o que lle permitiu facer máis filloas en menos tempo. Despois desa primeria idea, desenvolveu unha máquina que é capaz de sacar 1200 filloas á hora.

En Tartas Lestedo empezan a facer filloas os fines de semana dende pasados Reis, ata quince días despois da Festa da Filloa, xa que se venden moi ben. E no Entroido, a elaboración de filloas é diaria. Este ano xa empezan a partir da semana que ven. Segundo nos relata o dono de Tartas Lestedo, a filloa faise coa receta orixinal e tradicional: fariña, ovos, sal e auga.

Tartas Lestedo vende principalmente a restauración. Pero tamén teñen un establecemento de venta ao público se queredes mercar algunha das súas delicias. As filloas veñen en estuches de 25 e son 9 euros, un precio moi asequible. 

Pola parte das tartas, a que máis se vende é a Tarta de Lestedo, a de queixo. Pero vai moi seguida en ventas pola Tarta de Santiago. Orlando infórmanos de que é a auténtica Tarta de Santiago xa que consta co selo de Identificación Xeográfico Protexida. Os alimentos con este selo distínquense por ter unhas características que son atribuíbles a unha orixe xeográfica. É moi natural porque solo leva almendra, ovo e azucre.

O despacho de venta ao público está ubicado na Praza de Mazarelos número 8 en Santiago de Compostela. Acudan e degusten os seus productros tradicionais. Merece a pena.

Comentarios
Lo más