Santiago garda un minuto de silencio pola muller asasinada en Alcalá de Henares
09:30 12/02/19
09:30 12/02/19
Varios integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada
A praza do Obradoiro acolleu onte ao mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Alcalá de Henares, na Comunidade de Madrid. No que a súa parella asasinou a súa parella e descuartizou o seu corpo para metelo no conxelador.
Varios integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada.
Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.