Un veciño de Vilanova perde a vida tras sufrir un accidente co tractor que manexaba
15:06 09/02/19
15:06 09/02/19
O tráxico sucesos produciuse pasadas as once desta mañá no lugar da Pantrigueira
Un home falece en Vilanova cando traballaba co seu tractor nunha finca da súa propiedade.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o tráxico suceso produciuse pasadas as once desta mañá no lugar da Pantrigueira. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvar a vida do home. Tamén desprazouse unha dotación dos Bombeiros do Salnés, mais descartaron intervir en canto comprobaron que a vítima estaba liberada e accesible.
Pola súa banda, os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan, arestora, de aclarar as circunstancias que provocaron o accidente.