miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A USC non ve viable a contrución dunha nova facultade de Medicina

A USC non ve viable a contrución dunha nova facultade de Medicina
Foto de arquivo
A USC non ve viable a contrución dunha nova facultade de Medicina

Non cerra as portas, ainda queda unha reunión coa Xunta de Galicia que terá a última palabra

Antonio López, reitor da Universidade de Santiago, descartaba a opción de construir unha nova facultade para Medicina: "Non podemos poñer en marcha un proxecto que sabemos que non se poderá acabar". Ainda queda unha reunión coa Xunta de Galicia que terá a última palabra.

A estimación dos costes que tiñan era de 30 millóns: a Xunta poñería uns 22 millóns a cambio da cesión por 75 anos de parte do edificio de San Francisco, a actual facultade; e a USC poñería 7 que virían da venta do auntiguo hospital de Galeras. Pero un segundo estudio xa calculou 45 millóns de euros. Agora hay unha nova estimación que está máis cerca dos 70 millóns. Segundo afirma o reitor, "non se orzamentara o equipamento do edificio, que xa son uns oito millóns, e tampouco todas as fases, quedaban cousas para outros momentos".


A USC non cerra as portas de todo ainda que non ve viable o proxecto. Queda unha reunión: "Se a Xunta está disposta a poñer en vez de 22 millóns case 60, perfecto. Se non, teremos que traballar nunha solución alternativa". 

A Universidade propón unah alternativa: a rehabilitación integral da actual facultade de Medicina. Por unha parte hay que liberar Odontoloxía para devolvela ao Concello, e por outra, Enfermería ten deficiencias. Polo que o reitor aifrma que poderían estar todos no mesmo edificio porque en Medicina "quedaron espazos baileiros e outros sen uso". López indica que despois do arranxo poderíase integrar as tres titulacións na mesma facultade.

Comentarios
Lo más