Ribeira prepara unha nova edición da Ruta de Tapa do Pequeno Entroido
Poderán participar neste concurso todos os establecementos de hostalería e restauración do Concello de Ribeira que se adscriban a este proxecto
O Concello de Ribeira está inmerso nos preparativos da Ruta de Tapa do Pequeño Entroido, que se celebrará o sábado 9 e o domingo 10 de marzo, de 12 a 15 horas.
Poderán participar neste concurso todos os establecementos de hostalería e restauración do Concello de Riveira que se adscribana este proxecto.
A temática é preferiblemente o Entroido (uso de produtos de Entroido como orellas, chourizo, cocido, melindres,…) dispoñendo neste ámbito os locais participantes de total liberdade creativa. O custe de cada tapa será de 2,50 euros.
Inscricións abertas
Para participar nesta ruta os locais hostaleiros deberán inscribirse antes das 23:59 horas do día 18 de febreiro de 2019 nos seguintes contactos:
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Tel.: 686 58 70 00; sanroqueturismo@gmail.com
Haberá un único premio para os locais hostaleiros participantes, que consistirá nun agasallo conmemorativo e nun diploma que se outorgará polo recoñecemento á mellor tapa do Pequeno Entroido 2019.
As votacións serán emitidas nun 50% por un xurado profesional e o outro 50% será popular a través da clientela dos establecementos participantes, emitindo o seu voto a través de puntuación en papeletas de votación que haberá en cada local que tome parte desta ruta.
Resultará gañador o establecemento que obteña o maior número de votos tras o reconto do xurado profesional e do xurado popular.
Os clientes poderán obter as papeletas de puntuación e realizar a posterior votación en calquera dos establecementos participantes e deberán depositala en calquera deles unha vez que a teñan selada ou firmada por 6 dos locais da ruta. Estes selos poderán obterse nun só día ou nos dous días da ruta.
O votante terá que cubrir nas papeletas os seus datos (nome, apelidos e teléfono de contacto) para entrar no sorteo dun xamón o día do escrutinio público do concurso.