miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio afecta a dúas vivendas en Ordes

Un incendio afecta a dúas vivendas en Ordes
Foto de arquivo
Un incendio afecta a dúas vivendas en Ordes

Sucedeu sobre as 23:00 horas nun edificio de catro plantas situado na Rúa Canteira

Un incendio en Ordes que comezou nun segundo piso acabou por extenderse ao primeiro, no que tamén se rexistraron danos, aínda que de menor importancia.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o suceso ocorreu preto das once da noite de onte nun edificio de catro plantas situado na Rúa Canteira de Ordes sen que se produciran danos persoais. Iso si, o lume propagouse pola placa que compartían ambas as dúas vivendas, o que alarmou aos veciños do inmoble.

De feito, foron varias as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda, entre elas, a propietaria do segundo andar, no que comezou o incendio. Alí, resultou calcinado o cuarto do ferro e o intenso fume terminou por afectar a toda a vivenda. Despois, o lume propagouse pola placa, o que causou danos tamén no segundo piso, concretamente, no balcón.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, aínda que, desde o 112 Galicia, avisouse a Urxencias Sanitarias por precaución.

En canto á extinción do lume, encargáronse os Bombeiros de Ordes e tamén contaron co apoio dos axentes da Garda Civil. 

Comentarios
Lo más