Bascuas insta ao Concello a que arranxe a varanda da rúa do Restollal
Máis de un mes coa varanda tirada, creando inseguridade ao pasar pola beirarrúa
Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, insta ao Concello a arranxar a varanda da rúa do Restollal, que foi tirada nunha saída de vía dun automóbil fai máis dun mes. Dende Compromiso apuntan a perigosidade de pasar pola beirarrúa, debido a que non existe ningunha medida de protección. Cómpre sinalar que existe un importante desnivel e que tamén hai unha parada de autobús a poucos metros. Como lembra os galeguistas, este é un emprazamento transitado principalmente pola veciñanza do grupo de vivendas Quiroga Palacios e do Restollal e que está moi próximo ao IES de Pontepedriña, a Residencia da terceira idade Xosé Otero, ou o concorrido Parque Euxenio Granell.
“Está moi ben ter un discurso a prol da peonalización, pero iso empeza por poder transitar cunha mínima seguridade viaria polas beirarrúas de Santiago”, sosteñen desde Compromiso.
Que fai que sexa unha zona de bastante tránsito peonil parecen argumentos suficientes para proceder o arranxo de xeito urxente.